Artigo de opinión de Óscar Souto de UCIN Ponteceso

2 minutes read
  • Son os politólogos de toda Europa os que falan do avance lento pero inoxidable do novo exército de partidos independentes con mensaxes e ideoloxías tan antigüas como a democracia mesma pero aparentemente novas. A idea de darlle todo o poder político aos cidadáns da pé desde unións de centro municipalistas, moderadas e independentes.

Presentar o meu partido, UCIN Ponteceso, ás eleccións municipais deste 28 de maio puido parecer unha especie de tolemia pasaxeira cun pésimo resultado final de só seis votos, contando co meu propio voto, pero para entendidos na materia, que «habelos hailos», sen tempo suficiente, sen equipo, sen debates, sen mitins de campaña e practicamente en solitario, o resultado era certamente o esperado. Xa nas primeiras entrevistas en prensa avisei de que a finalidade era só presentarnos como opción de voto e non coa intención de arrasar nas urnas, intención que poucos comprenderon. Presentábame como Leónidas no estreito paso das Termópilas pero sen apenas ningún espartano apoiando a miña loita. Sabendo da derrota non desistín, nin desisto, no meu empeño por loitar contra corrente e sen ningún medo para ser derrotado, porque en realidade non é Óscar Souto Rodríguez quen perdeu nestas eleccións municipais, perdeu o pobo. Perdemos todos pois o resultado non sempre é a elección perfecta, como en calquera sufraxio poden ser enganados ou enganarse, non é obrigatorio elixir o mellor para o pobo, é máis, o pobo ten tamén dereito a meter a pata. E é o caso do concello de Ponteceso, claramente, pois a pesar dos escándalos terribles dos partidos maioritarios ou tradicionais, PP e PSOE, foron demasiados os electores que decidiron dar a súa confianza a quen nunca foron de fiar. Incluso os tránsfugas expulsados a fartar do PSOE e do PP que se esconderon tras esa falsa bandeira de conveniencia do partido galego de Ponteceso sacaron dous concelleiros cando eran claramente os malos da película. Pero …..o pobo falou, e fíxoo asi, elixindo aos malos para que o circo continue a súa función cos mesmos actores. Non se me dá moi ben gañar, é evidente, pero dáseme xenial facer perder aos demais. As enquisas de 2022 falaban dunha maioría simple a favor de Lois Carballido pero 22.000 visitas ás miñas reel e 35.000 lecturas ás miñas post durante a miña curta campaña de tres meses modificou o resultado final. O PP esborrallouse sen a miña axuda polo seu motín a bordo pero, sen ningunha dúbida, o noso obxectivo de derrotar ao CESAR, ese obxectivo, que era certamente o único e verdadeiro propósito de toda esta aventura……prosperou. Agora só necesito que os meus espartanos e espartanas anímense a apoiar a miña causa lícita a través de UCIN, como nova forza popular e municipalista, para tomar o control político dun CONCELLO en chamas, á deriba, porque só o pobo salva ao pobo.

Redacta : Óscar Souto Rodríguez