Artigo de opinión | ‘Estamos empachados de boliñas’

3 minutes read

De tanto ler sobre os pellets de plástico esta noite tiven un soño. Soñei que era unha “boliña” á deriva no atlántico flotando entre as ondas. Cheguei a unha praia de Malpica de Bergantiños, a praia do Porto de Barizo, que por desgraza non está entre as elixidas polo Concello entre as seleccionadas para a gran limpeza oficial de “boliñas”.

Mala sorte pensei, primeiro cáiome do cargueiro, á deriva e agora aquí soa e triste perla no profundo do mar de Punta Nariga. Chegou unha centola enorme e, confundíndome cunha hueva de peixe, !me zampó!. Xa dentro da centola acabei na mesa dun restaurante Estrella Michelín próximo e na mesa estaban de comensais: Feijóo, Rueda e Alfonso Villares. Finalmente, este último, conselleiro do Mar de Galicia, inxeriume accidentalmente onda a deliciosa centola. Non podo contarvos o final do conto, é demasiado escatolóxico.

Pero, contos á parte, aproveito este artigo para indicar o éxito informativo mundial do tema dos “pellets” en noticieros de todo o mundo, BBC, Washington Post, the Thelegraf, etc, etc, etc,  e, a pesar do drama do asunto, serve a algunha causa positiva, pon outra vez a Galicia no mapa mundi e fálase do problema mundial dos residuos plásticos mariños, esa é a verdadeira clave de todo esto, pois dez anos celebra xa a Asociación Ecoloxista “Mar de fábula”, con sede en Camelle, Concello de Camariñas, loitando a pé de praia, coídos e rocas, e concienciando, aínda que a súa historia real é moitísimo máis triste e fabulosa do que puideses imaxinar, é case unha fábula, aínda que eu non a poida contar.

Deste tema si falou o oceanógrafo Carlos Duarte, secretario do xurado dos premios BBVA Fronteiras do Coñecemento en Cambio Climático, insta a reformular políticas públicas e o uso de determinados materiais para restrinxir a produción de nanoplásticos. Están xa no sal de cociñar, a auga das traídas e en todo o que comemos. Afirma que a próxima batalla da OMS será contra os nanoplásticos e os plásticos en xeral pois supoñen un grave problema de saúde a nivel mundial. A pesar de que algúns inxenuos por descoñecemento opinan que os comes e saen por onde termina as costas sen que ocorra nada especial. Pero os entendidos nesta materia xa falan de cancro, enfermidades varias e outras moitas interaccións daniñas para os seres vivos en xeral, humanos incluídos.

Algo bo ou positivo temos que poder sacar de todo esto por iso unha mariscadora amiga miña quere vendelas a gran escala para que todos poidades ter perlas galegas de recordo, un porque teñen as perlas, están a colleitalas voluntariamente, ao morrer o marisco polas riadas tamén teñen as cunchas, só falta mandalas por paquetería e xa está o choio en marcha. Deséxolle sorte con esta gran idea tan mariñeira. Galicia merece todo este esforzo tan evidente da Xunta e do Goberno central que xa teñen todo baixo control, eso si, xa mellor en marzo, despois das eleccións. Tampouco é necesario apurar demasiado, non ? Que opinades ?…

Por: Óscar Souto Rodríguez

Estás seguro de que quieres desbloquear este artículo?
Desbloquear izquierda : 0
Estás seguro de que quieres cancelar la suscripción?