Trátase dun proxecto liderado por Ricardo Blanco Pérez (Richard), na actualidade director artístico na orquestra Galilea, quen co empuxe da vocalista Fátima Pego e en compañía dunha vintena de compañeiros e compañeiras máis doutras tantas formacións musicais, caras moi coñecidas da verbena galega, gravaron, desde o seu confinamento, unha versión especial do tema de Diego Torres «Color Esperanza». Unha canción moi positiva para os tempos que corren, para eliminar todas aquelas cousas negativas e mirar o mundo dunha maneira diferente, sempre cara a adiante, observando a beleza que nos rodea. O certo é que o tema audiovisual quedoulles espectacular e agora só queda que isto pase pronto e volver gozar dos seus directos nas festas, como antes.
Richard fai mención especial pola súa axuda inestimable neste proxecto, a Marcos Rey pola edición de audio e a Félix Abril Pedreira pola edición de vídeo. «Creo que este vídeo será un recordo para toda a nosa vida. A nosa humilde achega a un momento complicado que a tod@s nos tocou vivir, e ao que mediante esta canción queremos achegarlle o noso canto de esperanza». Mil grazas a tod@s.
Interveñen:
Fátima Pego – Orquestra Panorama
Tania Veiras – Grupo Tania Veiras
Richard Blanco – Orquestra Galilea
Alejandra Pais Bugallo – Orquestra Fania B.S.
Fernando Hernández – Grupo Kubo
César Romero – Orquestra Cinema
Michell Aranguibel – Grupo Kubo
Laura Añón -Orquestra Finisterre
Angel Hasegawa – Orquestra Cinema
Lourdes Jardon Gamallo – Grupo Nebraska
Richard da Uz- Orquestra Panamá
Diego Barbazán – Orquestra Fania B. S.
Maria Jose Pereira Guerrero -Orquestra Os Satélites
Jorge Luís Puglisi – Orquestra Compostela
Christian Menéndez – Orquestra Israel
Vanessa Fernandez del Rio – Orquestra Televisión
Ruben Quintela Souto – Orquestra Ritmo Nuevo
Maryell Ávila – Orquestra Suavecito
Michael Aranguibel Lugo – Orquestra Abanico
DJ Federico Asencio