Arturo Parrado subliña o liderado da ONCE na celebración do día desta entidade en Galicia

O director xeral de Inclusión Social, Arturo Parrado, enxalzou este sábado, durante a celebración do XXVI Día da ONCE en Galicia, o liderado desta entidade na prestación de servizos ás persoas cegas. Con motivo desta xornada, a ONCE reuniu este sábado en Padrón a persoas afiliadas procedentes das catro provincias galegas.

Arturo Parrado fixo fincapé no importe labor que realiza esta entidade a prol da mellora da calidade de vida das persoas con discapacidade, ademais de poñer de relevo que é un referente en materia de solidariedade. Tamén garantiu o compromiso da Xunta de continuar a traballar, da man da ONCE e do resto de entidades sociais de Galicia, no benestar e a plena inclusión das persoas con discapacidade.

Related posts

O Punto Rojo ponse en marcha en Baio con descontos, premios, moita actividade nas rúas e unha ruta de tapas

Rosa Otero recoñecida como Filla Adoptiva da Coruña

Aberto o prazo de inscrición no programa de voluntariado xuvenil da Laracha