Na Asociación Cultural Arume de Verdillo continúan coa programación do mes das letras galegas. Este sábado 27 de maio celebran a I Xuntanza de Acordeóns ás 18.00 horas no local social de Verdillo, coa finalidade de poñer en valor a presenza deste instrumento na música tradicional galega.
As aulas de acordeón, impartidas por Fran Barcia, constitúen un piar esencial dentro da asociación e contan cun amplo número de alumnos que vai en aumento cada curso. De aí que queiran ensalzar a importancia do acordeón e dos seus acordeonistas neste evento.
Na primeira edición desta xuntanza contarán coa presenza dos acordeonistas da A.C. Arume de Caión da Laracha e os de “A dúas Maus” de A.C. Brisas do Quenllo de Tordoia, ademáis dos da A. C. Arume de Verdillo.
0