Arxentina imponse a Francia nun partido de infarto que se decidiu na quenda de penaltis onde os albicelestes gañaron por 4-2. Arxentina gañaba por un contudente 2-0 cando un penalti de KylianMbappé cambiou a sorte dos franceses; acto seguido o dianteiro do PSG marcou un segundo tanto que empataba as dúas seleccións 2-2. Ao empezar a segunda parte da prórroga Messi marcou o gol que daba vantaxe ao seu equipo, pero ao final da mesma prórroga, Mbappé marcaba un penalti que levaba ao 3-3. Un partido que envorcou cando faltaba ao redor dun cuarto de hora para concluír a segunda parte. O combinado suramericano dirixido por Scaloni fixo explotar un país xa quentado polo verán austral tras unha quenda de penaltis agónica ante Francia coa que concluía un partido que será xa igual de inesquecible ou máis que aquel do Monumental en 1978 ou o do estadio azteca en 1986.