As 3 ceas da campaña ‘Malpica coida de ti’ xa teñen gañadores

1 minutes read

A Campaña “Malpica coida de ti” xa ten gañadores, tres ceas que estaban en xogo no sorteo celebrado este martes. No acto estivo a secretaria do Concello de Malpica, Loreto, a concelleira de Promoción Económica, Pilar Doldán, e o alcalde de Malpica, Eduardo Parga. A man inocente foi a dun Policía Local da vila.

Así pois, os propietarios dos números seguintes poderán gozar da cea no restaurante asignado por votación:

O Nº 0990  cea gratis no Restaurante Casa Vasca

O Nº 6642 cea gratis na Parrillada Dourado

O Nº 4717 cea gratis no Restaurante o Esqueiro.

As persoas agraciadas deben poñerse en contacto co consistorio para formalizar o galardón e desfrutar dunha cea no restaurante correspondente que lle tocou no sorteo.