Un dos actos máis chamativos foi a exhibición no torno a cargo de Marilá, maiores e pequenos, sobre todo os turistas que tímidamente se acercaron este venres á praza Luciano García Alén quedaron abraiados ao ver como dun anaco de barro convertido en ‘peroulo’ saía unha fermosa figura de entre as mans de Marilá, e que moitos deles aproveitaron para levar de recordo.
De recordo tamén se levou a música dunha ‘super charanga’ que namorou aos presentes, así como os éxitos que soaban incesantemente na megafonía do evento en sintonía coa emisión en directo da emisora Novahit durante 11 horas seguidas, con Alicia, Iván Pereira ou o veterán Dj Frisco. Cunha gran sardiñada e o concerto de Leilía pechábase a xornada deste venres, que tras a tímida choiva da mañá foi mellorando paulatinamente conforme pasaban as horas.
A choiva empañou a xornada deste sábado á última hora. Durante todo día houbo exhibición no torno por un oleiro, animación para os nenos e nenas con música de Maruxía. Este domingo é o último día do evento, e ás 12.00 horas está prevista a mobilización dos oleiros.