No mediodía deste luns, as altas temperaturas provocaron a activación dos detectores térmicos do sistema automático de protección contra incendios da gasolineira ubicada no polígono carballés. Como consecuencia, activáronse os difusores de po ABC, xerando unha densa nube deste material que causou certa alarma entre as persoas que se atopaban na zona.
Tras o aviso da ECOXEM o 112, efectivos da Policía Local, Garda Civil e Bombeiros desprazáronse rapidamente ata o lugar e comprobaron que se trataba dunha falsa alarma e que non existía ningún risco material nin para as persoas. Tras comprobarse a seguridade da instalación, o persoal da gasolineira procederá á limpeza do po antiincendios acumulado na zona para poder volver a traballar con normalidade.
