As ambulancias esíxenlle á AP-9 non pagar a peaxe estando de servizo

Imaxe de arquivo dunha ambulancia do 061

Dende Audasa, concesionaria da AP-9, responden que se ateñen a un convenio do 2009, baseado na lei do ano 1988. Na lei actual, do 2015, cítanse textualmente como casos de excepción de pago, entre máis vehículos, as propias ambulancias durante o seu traballo.

Enrique Blanco, presidente da Patronal Galega de Ambulancias: «Se non a cumpren verémonos na obriga de reclamar todos os pagos efectuados ata hoxe dende o 2015».

As empresas de ambulancias galegas sosteñen que, de momento, non recibiron resposta de Audasa e seguen á espera dunha solución.

Related posts

O Punto Rojo ponse en marcha en Baio con descontos, premios, moita actividade nas rúas e unha ruta de tapas

Rosa Otero recoñecida como Filla Adoptiva da Coruña

Aberto o prazo de inscrición no programa de voluntariado xuvenil da Laracha