43
O sector ambulancieiro chegou a un acordo con Audasa, tras anos pagando as peaxes da AP-9 e seis anos de loita tratando de suprimilo. Agora viron a luz a tanto esforzo cando o Supremo lles confirmou a gratuidade, en agosto do ano pasado, e agora pecharon o acordo. Nas ambulancias de transporte programado para citas e tratamentos estudan aínda como aplicar a exención. Tamén está pendente se van recuperar o millón de euros que levan xa pagados en peaxes.
