As ANPA amosan a súa preocupación polos recortes de profesorado e persoal de apoio

2 minutes read
  • Daniel Pérez e Carolina Castiñeiras (BNG) mantiveron unha xuntanza con asociacións de nais e pais da comarca.

Os recortes de profesorado e persoal de apoio, os problemas de transporte, a falta de de acceso a Internet na zona rural e as dificultades para a conciliación son as grandes preocupacións das asociacións de nais e pais de alumnos da comarca de Bergantiños e os problemas que queren que resolva o próximo goberno da Xunta de Galicia.

Representantes de varias ANPA da comarca mantiveron unha xuntanza co candidato número 5 do BNG, o carballés Daniel Pérez, e coa candidata número 14, a larachesa Carolina Castiñeiras, na que puideron expoñer as súas demandas. A máis importante, a política de recortes que vén aplicando, segundo din, o Goberno do PP tanto no que respecta a profesorado como a persoal de apoio para necesidades específicas, como sucedeu este curso no CEIP Xesús San Luís Romero, onde se agruparon dous cursos de infantil malia que nove dos 31 nenos e nenas escolarizados teñen necesidades educativas especiais; ou no Otero Pedraio da Laracha, onde a insuficiencia de PT e AL provoca que o equipo directivo se vexa obrigado a facer labores de apoio en nove grupos.

Para o BNG é fundamental “paliar as carencias que ten a educación pública debido aos recortes”, díxolles Carolina Castiñeiras, e traballar para conseguilo será un dos obxectivos do goberno presidido por Ana Pontón. O noso programa inclúe ademais outras propostas como a recuperación da gratuidade dos libros de texto, pero, sobre todo, queremos articular un protocolo, en colaboración coas áreas de Sanidade e Servizos Sociais, que permita detectar e abordar as necesidades e os problemas do alumnado, que tantas veces transcenden do educativo.Daniel Pérez e Carolina Castiñeiras puxéronse, unha vez máis, a disposición da comunidade educativa para seguir mantendo un contacto permanente tanto coas ANPA coma co profesorado, “porque é esencial traballar en conxunto para mellorar o ensino público”, indicaron.

Estás seguro de que quieres desbloquear este artículo?
Desbloquear izquierda : 0
Estás seguro de que quieres cancelar la suscripción?