37
A pouco máis dun mes para o inicio do novo curso, as Asociacións de Nais e Pais de alumnos non están de acordo cos protocolos establecidos pola Consellería de Educación, discrepan sobre as distancias de seguridade e sobre os aforos nas aulas. Tamén lles preocupa que non haberá un incremento no número de profesorado nos centros educativos. Cren que o que consideran falta de medidas non garante a seguridade e a saúde dos seus fillos e fillas.
Din que o prioritario é a sáude, pero tamén fundamental é a educación. Piden que se avance ante a fenda dixital.
Solicitan tamén que non se fale só da formación do alumnado senón tamén do profesorado nesta nova situación.