A iniciativa tratouse este xoves no encontro «Conversas no Parador», organizado polo Club de Prensa de Ferrol e ao que foi convidado o presidente da Deputación da Coruña Valentín González Formoso. No evento falouse doutros retos aos que a Deputación fará fronte nos vindeiros anos coma a creación de emprego, o reto demográfico e a mellora dos servizos públicos nos concellos coruñeses.
Xunto co Concello de Ferrol, a Deputación pretende impulsar un proxecto de recuperación das antigas baterías militares da costa ferrolana co obxectivo de «axudar a divulgar a historia e o patrimonio de Ferrol», convertendo a estes antigos emprazamentos militares «nun motivo de orgullo para a cidadanía, de respeto á nosa historia en un importante elemento de dinamización turística» para a cidade e a comarca. «Ferrol necesita ese tipo de proxectos ilusionantes. Son deberes que nos pon o alcalde e que queremos cumprir», afirmou o presidente.