As 7 áreas sanitarias galegas contarán con sistemas cirúrxicos robotizados Da Vinci


O presidente da Xunta informou da adquisición de 7 novos sistemas cirúrxicos robotizados Da Vinci para todas as áreas sanitarias galegas cun investimento de 20,5 M€. A compra destes equipos permitirá incorporar ao Sergas a técnica da cirurxía robotizada que facilitan a destreza e capacidade cirúrxica laparoscópica redundando en múltiples beneficios para os pacientes e os profesionais dos hospitais, poderían estar operativos no mes de setembro.

No caso dos pacientes achegarán unha maior seguridade e calidade, diminución da morbimortalidade, menor perda sanguínea, incisións máis pequenas, menor dolor postoperatorio, e diminución da estancia media hospitalaria. Para os profesionais implicará diminución da dificultade cirúrxica, maior precisión, posibilidade de acceso a zonas complexas, excelente visualización e maior precisión nos movementos. E, finalmente, nos hospitais suporá un menor número de transfusións, menor tempo operatorio, menor estancia media e menor número de complicacións intraoperatorias.

En relación ao contrato para a compra, o titular do Goberno galego, subliñou que terá unha duración de 8 anos e 3 meses e tamén se comprometerá o seu mantemento.