23
A asociación Costavales en colaboración coa asociación Quad Galicia viviron unha bonita pero dura xornada limpando e sinalizando o itinerario da Vía Céltica dende Santa Comba a Santiago de Compostela. Os participantes desbloquearon varios tramos obstruidos con árbores tiradas polos temporales deste inverno, sinalizaron un tramo novo en Portomouro que evita a estrada ata o Portal de Cernadas e desfrutaron da súa afición nun itinerario que o inverno encheu de auga.