A oferta de actividades está dirixida tanto a cativos como a maiores no local social de Verdillo. Continúan coa Escola de baile e pandeireta e a Escola de Música tradicional onde adultos e rapaces se poden iniciar no mundo da música e do baile tradicional. Como vén sendo habitual nos últimos cursos, os socios terán a posibilidade de asistir tamén ás aulas de bolillos, costura, ioga, zumba, ximnasia de mantemento, ximnasia rítmica e unha gran variedade de disciplinas de baile (ritmos latinos, baile de salón, lady style…). A Escola de Teatro continuará a súa andadura de novo.
Ademáis, para este curso ofertan dúas novas actividades. Haberá aulas de debuxo e pintura e de psicomotricidade.
A maiores da actividade anual que inician neste mes de outubro, ao longo do curso realizaranse distintos obradoiros do interese dos alumnos.
