As asociacións de consumidores móstranse positivas co fin da permanencia en Movistar

Movistar

  • A UCC, ADECES ou a UCGAL solicitan ao resto de operadores que secunden a iniciativa nos seus produtos

O recente anuncio de MOVISTAR de eliminar a permanencia dos seus produtos Fusión foi valorado moi positivamente por diversas organizacións sociais e de consumidores, ata o extremo de solicitar ao resto de operadores que secunden esta iniciativa.

Segundo diversas entidades como a Unió de Consumidors de Catalunya (UCC), a Asociación Prol Dereitos Civís, Económicos e Sociais (ADECES) ou a Unión de Consumidores de Galicia (UCGAL), a retirada das permanencias promove a libre elección dos usuarios, que deixan de estar obrigados a prolongar a súa relación contractual cun operador pola penalización que leva aparellada a ruptura da mesma.

A libre elección é o substrato básico que impulsa a competencia en termos de calidade, polo que as asociacións avogan porque os operadores conserven ou gañen cota de mercado pola calidade dos seus servizos, prezos e prestacións e non pola obrigación de permanecer atado so pena de sanción económica.