Con estas axudas trátase de apoiar os gastos de organización interna e funcionamento das entidades asociativas que conforman esta fórmula. O propósito desta iniciativa, publicada no Diario Oficial de Galicia, é facer efectivo o traballo das organizacións representativas destas entidades e dar continuidade ao seu labor.
O programa destas axudas autonómicas está estruturado en dúas liñas de financiamento. A primeira, con 230.000 euros de orzamento, vai dirixida ao fomento e consolidación das asociacións de cooperativas e de sociedades laborais, apoiándose parcialmente (ata o 90%) os seus gastos de funcionamento. A segunda, con 100.00 euros, está destinada ás asociacións de centros especiais de emprego e empresas de inserción laboral, apoiándose parcialmente (ata o 90%) os custos que teñen que asumir.