As asociacións de nais e pais de Galicia enviaron un escrito á Consellería de Educación no que solicitan dar por finalizado o curso escolar 2019-2020 con data de 13 de marzo. Así figura nun comunicado conxunto da Confederación Anpas Galegas, Confapa Galiica, CIG-Ensino, FESP-UXT GALICIA, CCOO Ensino, CSIF Ensino Galicia e ANPE Galicia.
De tal forma, emprázase á Xunta ao establecemento de criterios de avaliación «excepcionais» que posibiliten a promoción do alumnado.
Entre outras cuestións, chámase a reorganizar os currículos de fronte ao próximo curso, así como a traballar en mecanismos compensatorios que eviten un esforzo «inasumible» polos alumnos no curso 2020-2021.
Así, expoñen que «non hai unha capacidade real» para impartir de forma telemática os contidos e que cheguen a todos os alumnos, «tanto pola falta real de acceso á rede como por carencia nas familias de medios tecnolóxicos». A isto únese a ausencia de directrices e de posibilidade de seguimento polo profesorado do traballo realizado na casa.