As asociacións ÍNTEGRO, APEM e ASDIFICA navegan no veleiro adaptado Laion de COGAMI

  • Xa son 17 os anos que este veleiro que foi incautado ao narcotráfico navega polas rías galegas achegando a vela ás persoas con discapacidade

O veleiro Laion de COGAMI levanta áncora, iza velas e sae a navegar pola costa galega proporcionando unha nova experiencia de lecer náutico deportiva no marco do proxecto GAVEA (Galicia Vela Adaptada). Dotado de adaptacións como son un guindastre, que permite embarcar a persoas con mobilidade reducida, e uns asentos ou backets, tamén adaptados, o Laion permite o acceso á embarcación a todas as persoas.

O GAVEA permite a participación en actividades náutico- deportivas a todas as persoas, derribando as barreiras que impiden o uso do medio mariño. Dende que iniciou este proxecto, conta con máis de 4.000 participantes, converténdoa nunha das actividades de lecer que conta con máis demanda por parte das persoas usuarias dos centros e entidades de COGAMI, así como entre as entidades do movemento asociativo.

Related posts

O Punto Rojo ponse en marcha en Baio con descontos, premios, moita actividade nas rúas e unha ruta de tapas

Rosa Otero recoñecida como Filla Adoptiva da Coruña

Aberto o prazo de inscrición no programa de voluntariado xuvenil da Laracha