As augas residuais da Coruña confirman un aumento da variante delta

Foto.- dpm.

A variante delta, que gaña terreo en Portugal, tamén aumenta a súa presenza nas augas residuais de Galicia. As análises da área da Coruña anticipan a predominancia desta variante nas próximas semanas. Ademais, a carga viral nas augas segue en aumento, aínda que os casos clínicos non medran ao mesmo ritmo. Isto revela que hai máis xente expulsando o virus, pero non enfermando, grazas ás vacinas.