As augas residuais revelan maior circulación do virus na Coruña

1 minutes read

Nas augas residuais da Coruña detectaron a variante delta o sete de xuño, e foi gañando terreo tan rápido que contan que esta semana supere a británica e sexa a predominante nas augas residuais da área metropolitana. «A cantidade de virus na auga é moi grande, é dicir que hai moita xente infectada» explica a coordinadora do estudo CovidBens, Margarita Poza. A «boa noticia» é que a maioría están vacinados, así que transportan e expulsan o virus sen desenvolver clínica. Pero advirte: «Aínda hai unha franxa de idade, a xente nova, sen vacinar». Preocupan os que aínda están sen vacinar, porque xa anticipan unha cuarta onda do virus. «É de esperar que non sexa unha onda tan grande, e que non haxa tal índice de infección» grazas á vacinación, pero hai outro factor que entra en xogo: a variante delta, «que é moitísimo máis contaxiosa», afirma.