As aulas de infantil e primaria entrarán en corentena a partir de cinco contaxios


Sanidade informou que a norma será que se hai menos de cinco nenos contaxiados se consideren casos esporádicos e se continúe con normalidade, pero se hai máis de cinco nun periodo de sete días ou está o vinte por cento da clase afectada, pecharase a aula e manteranse todos os alumnos en illamento durante unha semana. O obxectivo é garantir ao máximo a presencialidade dos alumnos mentras se avanza na vacinación completa. Educación conta con que despois das vacacións de Nadal haberá un aumento de casos nos colexios. Pero insisten en que os centros educativos son lugares seguros que cumpren todas as garantías sanitarias.