As autoridades belgas inspeccionan a planta de AstraZeneca

1 minutes read

As autoridades belgas realizaron unha inspección na súa planta de produción da vacina contra o coronavirus na localidade de Seneffe, ao sur do país, como pedira a Comisión Europea. O regulador de medicamentos belga anunciou estar a examinar documentos e datos obtidos alí. Segundo o Goberno, queren asegurarse de que o atraso na subministración das vacinas aos 27 débese a un problema de produción nesta fábrica, tal e como asegurara a empresa británica. AstraZeneca/Oxford anunciou a semana pasada que non podería fornecer máis que un cuarto dos 400 millóns de doses acordadas con Bruxelas. Alemaña deulles por outro flanco. A súa Comisión de Vacinación recomendou non aplicala a maiores de 65 anos por non contar con datos suficientes de poder comprobar a súa eficacia neste grupo. AstraZeneca respondeu que as últimas investigacións avalan que si o é.