34
Así llo comunicaron o presidente provincial, Valentín González Formoso, e o vicepresidente e responsable da área de Turismo, Xosé Regueira, ás representantes da Asociación Galega en defensa das axencias de viaxes na reunión que mantiveron nos últimos días. A entidade conta con máis dun centenar de socias, a maioría delas mulleres, que integra a pequenos minoristas, autónomos e micropemes, susceptibles polo tanto de acceder ás axudas directas que a Deputación puxo en marcha con programas coma o PEL-Reactiva. O Goberno provincial traballa agora nas bases dun novo plan de axudas para 2021 ao que poderán acceder tamén os autónomos e microempresas do sector.