As axudas ao alugueiro da Xunta pola Covid-19 poderán solicitarse ata fin de mes

PIXABAY

  • O importe da subvención, cunha duración máxima de seis meses, poderá chegar ata os 500 euros mensuais

As persoas que desexen solicitar as axudas ao alugueiro convocadas pola Xunta, debido á Covid-19, terán para facelo ata o vindeiro mércores, 30 de setembro.

Os beneficiarios destas axudas, postas en marcha no mes de maio, recibirán ata 500 euros durante o período que acrediten estar en situación de vulnerabilidade e por un máximo de seis meses. A axuda poderá concederse con efectos retroactivos desde o pasado mes de abril e non se concederá máis aló de decembro de 2020. En todo caso, o importe concedido non poderá superar nunca a renda mensual establecida no contrato de alugueiro.

As solicitudes presentaranse preferentemente por medios telemáticos a través da sede electrónica da Xunta de Galicia, onde está dispoñible o formulario correspondente.