As axudas ao retorno emprendedor xa impulsaron máis de 500 proxectos

Durante o encontro Retorno Emprendedor: Programa Merlo, o presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, destacou que as axudas ao retorno emprendedor, que contan cada vez con máis demanda, impulsaron desde a súa posta en marcha máis de 500 proxectos, cunha mobilización de 25 millóns de euros.

As axudas oscilan entre os 5.000 e os 8.000 euros, segundo o proxecto emprendedor. “E todas elas están a servir para apoiar a retornados dos cinco continentes e de 40 países; a emprendedores cuxa media de idade é de 41 anos; e a retornados que están a emprender en sectores como a hostalería e o comercio, pero tamén en eidos relacionados coa industria 4.0, o naval, o téxtil, as telecomunicación ou os servizos”, dixo, a modo de resumo.

Nesta mesma liña, resaltou o apoio que para os retornados supón o programa de mentores Merlo que, en colaboración coa Fundación Ronsel, axuda a orientar aos retornados no seu proxecto. “Cómpre salientar que dous de cada cinco inscritos contan cun máster no seu currículo, o que amosa a súa excelencia”, gabou.

Related posts

O Punto Rojo ponse en marcha en Baio con descontos, premios, moita actividade nas rúas e unha ruta de tapas

Rosa Otero recoñecida como Filla Adoptiva da Coruña

Aberto o prazo de inscrición no programa de voluntariado xuvenil da Laracha