As axudas da PAC ascenderon en 2021 a máis de 23,4 M€ na área de Santiago

A nivel da provincia da Coruña 8.188 agricultores e gandeiros percibiron máis de 53,2 millóns de euros desta orde coas súas distintas liñas.

As axudas da PAC están financiadas polo Fondo Europeo Agrícola de Garantía (Feaga) e están vinculadas á superficie destinada a cultivos proteicos para a alimentación animal ou á produción de legumes de calidade. Tamén se destinan axudas ás explotacións que manteñan vacas nutrices, vacún de cebo ou vacún de leite, así como ás de ovino e caprino.

No caso do Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (FEADER) o apoio é mediante liñas de axuda en zonas de montaña e para outras zonas con limitacións naturais para a actividade agraria, así como para explotacións de animais de razas autóctonas en perigo de extinción, para a apicultura como medio de conservación da diversidade, para a xestión sustentable de pastos, a extensificación de vacún de leite e a produción de agricultura ecolóxica.

Con respecto á campaña deste ano das axudas da Política Agraria Común (PAC), calcúlase que uns 25.000 agricultores e gandeiros se beneficiarán destas achegas o presente ano recibindo un importe superior aos 210 millóns de euros (170 millóns de axudas directas e 40 millóns de achegas ao desenvolvemento rural).

O delegado da Xunta na Coruña, Gonzalo Trenor, visitou en Trazo a gandería Liste dedicada ao vacún de leite, unha das beneficiadas polas axudas da PAC nesta comarca.

Related posts

O Punto Rojo ponse en marcha en Baio con descontos, premios, moita actividade nas rúas e unha ruta de tapas

Rosa Otero recoñecida como Filla Adoptiva da Coruña

Aberto o prazo de inscrición no programa de voluntariado xuvenil da Laracha