As axudas do PEL da Deputación terán novos prazos

Cedida.

O presidente da Deputación da Coruña, Valentín González Formoso, afirmou este martes que o “pago puntual” a provedores e contratistas, así como o das subvencións xustificadas, será un dos “servizos esenciais” nos que a institución provincial seguirá centrando os seus esforzos durante a crise sanitaria do coronavirus.

Neste sentido, o presidente provincial avanzou tamén que aínda que os prazos para que pemes, autonómos e emprendedores soliciten as axudas do Plan de emprego local (PEL) remataban o día 24 de marzo, “esta data queda suspendida e comunicarase oportunamente a nova data límite das solicitudes, así como as novidades que puidera haber no PEL, ante o difícil escenario económico que se aveciña”.