As bibliotecas de Carballo superaron os 8.000 préstamos neste 2020

Imaxe de arquivo_PIXABAY

  • Tamén se incrementou o número de usuarios dixitais

O ano 2020 trouxo consigo cousas malas, pero tamén moitas boas. Unha delas foi a oportunidade de conectar coa xente a través da redes, da tecnoloxía; unha ferramenta que tamén aproveitaron na Concellaría de Cultura de Carballo para facilitarlle á cidadanía diferentes actividades como o Verán Cultural ou o Nadal Pequespectacular, e o acceso a recursos ofertados na rede municipal de bibliotecas.

O peche obrigado durante o estado de alarma e as medidas de prevención establecidas posteriormente restaron afluencia a estes espazos pero, aínda así, a actividade mantívose a bo nivel, como demostran os 8.314 préstamos realizados (1.878 na Biblioteca do Museo e 6.436 na Rego da Balsa). Nesta última leváronse a cabo, así mesmo, 12 espectáculos e actividades dirixidos ao público infantil, e para facilitar a asistencia implantouse un sistema de retransmisión en streaming.

Outra das consecuencias desta crise, a nivel bibliotecas, foi o aumento do número de usuarios dixitais. De feito, só durante o estado de alarma rexistráronse 36 altas.

As bibliotecas municipais de Carballo amplían o seu horario de apertura ao público. De lunes a venres estarán abertas en horario continuo de 09:30 a 20:00 horas. Ademais, a Biblioteca Rego da Balsa continuará aberta os sábados pola mañá, de 10:00 a 13:00 horas.



Related posts

O Punto Rojo ponse en marcha en Baio con descontos, premios, moita actividade nas rúas e unha ruta de tapas

Rosa Otero recoñecida como Filla Adoptiva da Coruña

Aberto o prazo de inscrición no programa de voluntariado xuvenil da Laracha