As bibliotecas de Zas prestaron máis de 900 libros durante o ano pasado

A rede de Bibliotecas Municipais do Concello de Zas – formada pola Biblioteca Municipal de Zas e a Axencia de Lectura de Baio – realizaron ao longo do ano 2022 un total de 900 préstamos gratuítos de libros. 

Dende o Concello informan de que ano tras ano estas cifras van en aumento así como tamén as relativas ao número de usuarios e usarias e no último ano inscribíronse neste servizo 40 novas persoas tanto do municipio coma doutros da contorna. En total o número de socios e socias das dúas bibliotecas supera os 350; dos cales máis de 100 son prestameiros activos. 

A rede de bibliotecas do Concello de Zas conta con máis de 9.500 títulos de diferentes formatos e idiomas; uns fondos que se incrementan todos os anos. Ademais, as bibliotecas do Concello de Zas están incluídas na Rede de Bibliotecas Públicas de Galicia o cal permite, entre outras cousas, consultar os materiais dispoñibles a través da seguinte ligazón: https://catalogo-rbgalicia.xunta.gal/

Related posts

O Punto Rojo ponse en marcha en Baio con descontos, premios, moita actividade nas rúas e unha ruta de tapas

Rosa Otero recoñecida como Filla Adoptiva da Coruña

Aberto o prazo de inscrición no programa de voluntariado xuvenil da Laracha