As bibliotecas municipais da Laracha volven ao horario de inverno

Imaxe de arquivo da biblioteca da Laracha

  • O próximo luns a biblioteca de Caión abrirá as súas portas dende o centro comunitario da vila

As tres bibliotecas municipais da Laracha recuperarán este luns o seu horario habitual de apertura ao público. De luns a venres as instalacións de Paiosaco e Caión compartirán o horario de tarde coa da Laracha, de 17:00 a 20:00 horas, mentres que esta última tamén abrirá polas mañás de 09:30 a 14:00 horas.

Ademais, a próxima semana a biblioteca de Caión abrirá as súas portas no seu novo emprazamento nunha das salas do primeiro andar do novo centro comunitario da vila.