As Bolsas europeas perderon este luns entre dous e catro puntos ante o temor a unha recesión, a débeda e as criptomonedas nun mercado cheo de incerteza ante a inflación. O CAC-40, a bolsa de Franckfurt e o Ibex caeron máis do 2% (París -2,67 %, Frankfurt -2,43% e Madrid -2,47%). Ademais as primas de risco dispáranse ante a inminente alza de tipos da Reserva Federal estadounidense. O pasado venres, Estados Unidos publicou os datos de inflación do mes de maio, que alcanzan un insoportable 8,6%, o peor dato en 40 anos. E este luns, WallStreet abriu cunha caída do 2,58%. A perspectiva de subidas agresivas dos tipos de interese para arrefriar a economía é un mal presaxio. Cos tipos máis altos, aumentan as posibilidades dunha freada brusca da economía ou unha recesión. O Banco Central Europeo tamén subirá o prezo do diñeiro en xullo e setembro en polo menos 25 puntos básicos. Serán as dúas primeiras subidas en 11 anos, e probablemente que non serán as únicas.