Os equipos de prevención e extinción de incendios de Galicia súmanse á loita contra o coronavirus. Traballarán nos concellos de menos de 5.000 habitantes. Entre os seus labores está a limpeza en residencias de maiores e en máis de 450 centros de saúde de toda a comunidade. Tamén vixiarán parques e zonas de ocio para garantir que se cumpre o confinamento. Este é un traballo voluntario que se engade ao seu labor habitual de coidado do monte.
As brigadas forestais limparán residencias e centros de saúde
Cedida.