As brigadas medioambientais da Laracha acondicionan o entorno do río Vilán

As brigadas medioambientais municipais están a centrar a súa actuación no río Vilán -tamén coñecido como Rego de Quenxe- cunha ampla intervención que comprende o tramo de preto de seis quilómetros que vai desde O Cancelo, xunto á glorieta de acceso á autoestrada e ao parque empresarial, ata o límite co municipio de Carballo, afectando por tanto ao paso do río polas parroquias de Cabovilaño e Lemaio.

O alcalde, José Manuel López Varela, e o concelleiro de Medio Ambiente, José Ramón Martínez Barbeito, reuníronse co persoal das cuadrillas no propio río á altura de Quenxe, lugar no que están a acometer os traballos nestes momentos, para interesarse polo resultado das actuacións.

O patrimonio natural que conforman os ríos laracheses presenta unha especial beleza paisaxística e biodiversidade animal e vexetal que en moitos casos é descoñecida mesmo polas persoas residentes nas proximidades desas zona. Desde o Concello anímase á veciñanza a descubrir eses espazos no entorno dos ríos, tanto o Vilán como o Anllóns, o Acheiro e o Bradoso que, grazas a este tipo de intervencións xa desenvolvidas e as que se están levando a cabo nestes momentos, permiten a realización de andainas.

Related posts

O Punto Rojo ponse en marcha en Baio con descontos, premios, moita actividade nas rúas e unha ruta de tapas

Rosa Otero recoñecida como Filla Adoptiva da Coruña

Aberto o prazo de inscrición no programa de voluntariado xuvenil da Laracha