As brigadas medioambientais da Laracha actúan na contorna do castro de Montes Claros

1 minutes read
  • As intervencións, autorizadas pola Dirección Xeral de Patrimonio Cultural, están supervisadas pola arqueóloga Puri Soto

A Laracha continúa cos traballos de conservación do castro de Montes Claros, o xacemento arqueolóxico situado na parroquia de Vilaño pertencente á idade de ferro e que, tras adquirir o Concello os terreos nos que se atopa, é de titularidade municipal.

Estes días as brigadas medioambientais municipais están realizando traballos manuais de limpeza superficial na contorna do castro, como o desbroce da maleza e a poda de árbores. Os traballos, autorizados pola Dirección Xeral de Patrimonio Cultural, están supervisados pola arqueóloga Puri Soto, redactora do proxecto de control arqueolóxico do xacemento.

O alcalde, José Manuel López Varela, e os concelleiros José Ramón Martínez e Patricia Bello, acudiron a parroquia de Vilaño para interesarse polo desenvolvemento das actuacións.