As Cabanas do Bosque de Outes, premio de Arquitectura Sostible


As Cabanas do Bosque, un complexo turístico de Serra de Outes, conseguiron o Premio de Arquitectura e Urbanismo 2020, galardón que concede o Consello Superior de Colexios de Arquitectos de España e que considera que o complexo, situado a carón da praia de Broña, na ría de Muros e Noia, conxuga arquitectura con sostibilidade, optimización de recursos e implantación mínima sobre o terreo. Tamén por acadar o dobre obxectivo de benestar e confort das persoas e calidade do contorno construído. As cabanas turísticas de Outes comparten galardón coas novas directrices de ordenación territorial do País Vasco.