As cachelas de San Xoán na Laracha serán en fincas privadas baixo comunicación previa

1 minutes read

O Concello da Laracha soamente permitirá durante o San Xoán a realización de cachelas en fincas privadas, sendo necesario presentar a comunicación previa e cumprir a normativa de seguridade establecida.

Os documentos poden descargarse da web municipal (www.alaracha.gal) e deben presentarse de xeito presencial no rexistro xeral ou ben en liña na sede electrónica. Entre outras cuestións, deberán indicarse os datos do organizador (particular ou asociación), o lugar exacto no que se vai realizar a cachela e o tipo terreo.

Debido á situación sanitaria provocada pola Covid-19, este ano o Concello non permitirá as cachelas en ningún espazo público (rúas, prazas, praias, etc).