As Cantareiras serán as protagonistas en Baio do acto final do ciclo “Follas de Outono”

Coincidindo co día do Patrimonio Cultural, este domingo chega á súa fin o ciclo literario e cultural “Follas de Outono”, organizado polo Concello de Zas. Será é o acto central do programa co que se pretende render unha merecida homenaxe á figura das Cantareiras, recoñecidas este ano do Día das Letras Galegas polo seu papel fundamental na preservación da nosa tradición oral e musical.

Baixo o título “Cantareiras: tradición e legado”, o encontro terá lugar este domingo ás 18:00 horas no Auditorio de Baio e nel misturaranse as conversas e a música coa pretensión de ofrecer un emotivo recoñecemento a todas as cantareiras do noso país, especialmente ás do noso municipio que foi e segue sendo un punto de referencia do folclore galego. 

No acto participarán Fina Casalderrey, numeraria da Real Academia Galega; os grupos de pandereterias da Asociación Cultural Adro e as convidadas Clarisa Santos Amigo e Matilde Ferreiro Carballo; veciñas de Pudenza e dúas das moitas informantes do noso municipio. A xornalista Patricia Blanco, con orixes en Zas; e o mestre de música e baile tradicional Álex Ínsua, encanrgaransede conducir o evento no que tamén contará coa presenza do Alcalde de Zas, Manuel Muiño.

“Follas de Outono”

O ciclo literario e cultural “Follas de Outono”, impulsado polo Concello de Zas a través do seu departamento de Cultura, converteuse ao longo destas últimas semanas nun referente cultural e literario na zona. Foron un total de 9 actos dirixidos a diferentes públicos e que se realizaron no Auditorio de Baio.

Related posts

A Garda Civil investiga a unha veciña de Vimianzo como suposta autora dun delito de furto

Concentración de apoio a Palestina en Corcubión

Lembranza ao escritor Cándido González Tiradas no 120º aniversario do seu nacemento en Carballo