En total repartiranse máis de 5.000 agasallos. Os boletos poderán trocarse os días 29, 30 e 31 de decembro e 4 e 5 de xaneiro en horario de 12.00 a 13.30 e de 18.00 a 21.00 (o día de Fin de Ano as casiñas só estarán abertas pola mañá). E ademais participarás no sorteo de 20 vales por importe de 150 euros cos que poderás mercar no comercio local a partir do 31 de marzo.
Promo do evento.
O Nadal máis doce é un convite á cidadanía para aproveitar estas datas para pasear polas nosas rúas, facer unha parada na hostalaría, mercar os agasallos e seguir presumindo do comercio e dos produtos de proximidade. Pero non só para os veciños e veciñas da vila, senón tamén para todas aquelas persoas de calquera concello que buscan alternativas ás grandes superficies comerciais ou á venda online, porque Carballo ofrece toda a variedade que pode atoparse en calquera cidade, a máxima calidade, a mellor atención, máis de 2.000 prazas de aparcamento gratuítas a menos de 10 minutos de calquera zona comercial, e, tanto no mercado municipal coma na feira, a maior oferta de produtos frescos para preparar as comidas familiares dos próximos días.
A campaña deste ano está, de feito, estreitamente ligada ás feiras, e para contribuír aínda máis á súa dinamización e animación, o domingo 31 haberá animación de rúa coa Charanga Bicoia, que percorrerá as zonas comerciais desde as 12.30 ata as 14.30 horas.