A partir deste luns, xunto con Galicia estarán na fase 2 da desescalada, Asturias, Cantabria, País Vasco, Navarra, A Rioxa, Aragón, Estremadura, Murcia, as Baleares, as Canarias, Ceuta e Melilla. Tamén pasan todas as provincias andaluzas, agás Málaga e Granada, tres zonas sanitarias de Cataluña e as provincias castelás manchegas de Guadalaxara e Cuenca.
Ademais do control da pandemia, o comité tecnico valorou a capacidade da sanidade galega na identificación de casos e diagnose precoz do coronavirus. Tamén os medios para atallar a tempo un posible rebrote. Nesta nova fase alívianse as restricións de mobilidade e amplíanse as actividades comerciais e de ocio que se poden realizar.
O ministro de Sanidade valorou os progresos realizados por todas as comunidades para manter baixo control a epidemia e garantir que os pasos que se dan sexan seguros. O pase á fase dúas faise por provincias, áreas sanitarias ou illas, e as medidas de alivio que permite circunscríbense por tanto a ese territorio. «De momento, non está permitida a mobilidade entre provincias», afirmou o ministro.