37
Dous meses despois do comezo da erupción a lava do volcán da Palma retomou o seu avance sobre zonas agrícolas e vivendas. Este novo fluxo de lava intensificouse a partir das 20.00 horas do xoves, cando houbo un desbordamento do lago de lava con material moi fluído e que agora avanza en tres frontes, pero sobre todo entre as coadas catro e sete, no sector norte da zona afectada. Os soldados da UME traballan sen descanso na retirada da cinza que se acumula nos edificios, as mesmas cinzas que paralizaron, de novo, o aeroporto da Palma. O peche do aeroporto colapsou os barcos de pasaxeiros, que son a outra vía de saída da illa.