As comunidades afectadas polos incendios serán declaradas ‘zonas catastróficas’


O presidente do Goberno, Pedro Sánchez, anunciou que o vindeiro martes o Consello de Ministros declarará como zonas gravemente afectadas a todas as comunidades autónomas que sufriron incendios e outras catástrofes naturais durante este verán. Fíxoo durante unha visita que realizou este domingo á zona afectada polo incendio que se declarou hai unha semana entre os municipios abulenses de Navalacruz e Cepeda de la Mora e que arrasou preto de 22.000 hectáreas de terreo, na súa maioría o pasto utilizado pola gandería desta comarca. “No próximo Consello de Ministros declararemos como zonas gravemente afectadas a todas e cada unha das comunidades autónomas que sufriron incendios e outro tipo de catástrofes naturais”, sinalou Sánchez desde Ávila, mostrado o “compromiso total” do Goberno cos territorios arrasados.