As comunidades autónomas recibirán do Goberno 10.500 M€ antes de final de ano


O Goberno central anticipa ás comunidades autónomas 7.230 millóns de euros dos fondos europeos para a recuperación económica que España recibirá en 2021 para saír da crise. Trátase dunha parte do 55 % que administrarán os executivos autonómicos, segundo informou a ministra de Facenda e Función Pública, María Jesús Montero.

Así mesmo, a ministra avanzou que están en camiño outros 200 millóns que se van a repartir nos próximos días. Esta cifra, anunciada tras a celebración da Conferencia Sectorial do Plan de Transformación, Modernización e Resiliencia que reuniu aos conselleiros autonómicos do país, supoñerá un total de 10.500 millóns de euros para as comunidades autónomas, dos 19.000 millóns que recibirá España antes de final de ano.

Este verán prevese a chegada dos primeiros 9.000 millóns, mentres que os 10.000 restantes están ligados ao cumprimento de determinados fitos e obxectivos comprometidos con Bruxelas.