As Comunidades Autónomas tomarán a responsabilidade na fase 3

0 minutes read

Esa é a intención do Goberno que anunciou Pedro Sánchez tras a duodécima conferencia de presidentes. Sánchez pedirá esta semana ao Congreso a sexta e «definitiva» prórroga do Estado de Alarma ata o 21 de xuño. Será moito máis livián, dixo, pero necesaria para culminar o traballo». A responsabilidade na xestión da fase 3 da desescalada en España trasládase ás Comunidades Autónomas. O anuncio chega despois de que o Goberno se asegurou os apoios necesarios para sacar adiante esta semana esa prórroga do estado de alarma, tras selar pactos con ERC e co PNV.