As comunidades autónomas xestionarán o 50 % dos fondos que mande Europa

As Comunidades Autónomas xestionarán o 50% dos fondos da UE, pero queda aínda por ver os criterios de repartición. Así o confirmou o Goberno central na Conferencia de Presidentes, en que tamén participou a presidenta da Comisión Europa. O Goberno explicou que os tres primeiros anos se centrarán nos 72.000 millóns das transferencias. Xa dan por feito que pedirán os 140.000 millóns ofertados por Europa, tanto as subvencións como os créditos. Sánchez lembrou aos 17 presidentes autonómicos que o anteproxecto dos Orzamentos Xerais do Estado, que será aprobado no consello de ministros, incluirá 27.000 millóns de euros con cargo aos fondos europeos.

Related posts

O Punto Rojo ponse en marcha en Baio con descontos, premios, moita actividade nas rúas e unha ruta de tapas

Rosa Otero recoñecida como Filla Adoptiva da Coruña

Aberto o prazo de inscrición no programa de voluntariado xuvenil da Laracha