As comunidades deben decidir se autorizan tests de antíxenos nas farmacias

Imagen de archivo de una farmacia

O Ministerio de Sanidade respondeu á petición que lle fixo a Comunidad de Madrid para facer test rápidos de antíxenos nas farmacias que autorizalo é competencia das comunidades, pero lémbralle que só deberían facerse en casos de cribados selectivos e nunca a demanda dos cidadáns. Así consta na misiva que lle remitiu este mesmo xoves Salvador Illa ao conselleiro madrileño, Enrique Ruiz Escudero na que o ministro lle expón as principais conclusións ás que chegou o seu departamento sobre o plan que lle presentou esta comunidade para facer este tipo de probas. «Seleccionando exclusivamente á poboación en función de criterios» establecidos pola súa Dirección Xeral de Saúde Pública «podería ser considerada, neste sentido, como unha medida extraordinaria, sempre que esta participación das oficinas forme parte dunha actuación de cribado poboacional selectivo no contexto dun programa de Saúde Pública da Comunidade». 

Related posts

O Punto Rojo ponse en marcha en Baio con descontos, premios, moita actividade nas rúas e unha ruta de tapas

Rosa Otero recoñecida como Filla Adoptiva da Coruña

Aberto o prazo de inscrición no programa de voluntariado xuvenil da Laracha