As Comunidades do Camiño exploran sinerxías para a promoción conxunta das súas Rutas

O presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, acompañado polo vicepresidente primeiro, Alfonso Rueda, recibiu no Hostal dos Reis Católicos aos representantes de Asturias, Cantabria, País Vasco, Castela e León, Andalucía e Cataluña para manter un encontro no que sentar as bases das accións coordinadas que se poden poñer en marcha perante unha cita histórica como é o dobre Ano Santo, unha oportunidade para todos os territorios polos que atravesan as rutas xacobeas.

Entre as accións conxuntas que as comunidades autónomas estudan poñer en marcha, sobre todo de cara ao 2022, figuran as que teñen que ver coa sinalización das rutas e os protocolos de xestión, a posta en marcha de medidas para facer un Camiño máis accesible e máis sostible, o desenvolvemento de solucións tecnolóxicas e ferramentas informáticas e as actuacións turísticas destinadas a crear negocio e asentar poboación nos territorios máis despoboados.

Tamén se tratou a conveniencia de deseñar protocolos de xestión conxunta en caso de pandemia. A rede pública de albergues conta cun estrito protocolo de actuación en coordinación coas autoridades sanitarias para a atención dos peregrinos que resulten contaxiados. O seguro coronavirus axuda a facerse cargo da estancia, manutención e gastos de medicamentos de calquera persoa que poida resultar contaxiada na súa viaxe a Galicia. O beneficiario non ten máis que demostrar que está aloxado nalgún establecemento hoteleiro ou nalgún albergue da comunidade.

Related posts

O Punto Rojo ponse en marcha en Baio con descontos, premios, moita actividade nas rúas e unha ruta de tapas

Rosa Otero recoñecida como Filla Adoptiva da Coruña

Aberto o prazo de inscrición no programa de voluntariado xuvenil da Laracha