As corais de Ponteceso ‘despídense’ do seu tradicional certame cun vídeo de bos desexos

1 minutes read
  • O XXV aniversario tampouco se realizará este ano debido á situación epidemiolóxica

Hai eventos que aínda son difíciles de celebrar debido á situación sanitaria; ben por aforo, falta de apoio loxístico ou directamente por prevención. Un destes casos é o 25º aniversario do Certame de Corais do Concello de Ponteceso, que este ano non se celebrará de xeito presencial nin virtual.

Con todo, as corais polifónicas municipais Santa Mariña de Ponteceso, A Oliveira do Monte Branco, San Eleuterio de Tella, Brisas do Mar de Corme e San Salvador de Pazos realizaron un vídeo desexando a toda a veciñanza que pase un bo Nadal.